martes, 29 de diciembre de 2009

revisión de perspectivas demográficas en Nigrán

En 2006 realicei unha comparación das previsións de crecemento demográfico previstas para o Concello de Nigrán no documento do PXOM non aprobado coas cifras oficiais do INE (Instituto Nacional de Estatística) e do IGE (Instituto Galego de Estatística).



Para esta comparativa empregáronse aquelas espectativas máis favorables a un maior crecemento poblacional según os datos estadísticos.

As estimacións poboacionais daquela foron as seguintes:

• A poboación da provincia de Pontevedra pasaría de 925.446 habitantes en 2006 a 945.102 en 2016.
• A poboación do municipio de Nigrán pasaría de 17.407 habitantes en 2006 a 18.323 en 2016.
• A poboación do municipio de Nigrán estimada polo equipo redactor do PXOM’06 foi de 20.615 habitantes en 2017.

Os recentes datos publicados polo INE rebaixan as perspectivas do crecemento poboacional respecto dos datos de 2006.



A proxección a curto prazo estima un descenso da poboación na provincia de Pontevedra dun 2,63% en 2018, respecto de 2009, o que resulta rebaixar as perspectivas de crecemento poboacional nuns 30.000 habitantes en toda a provincia.

Os datos do IGE ainda non foron actualizados coas novas previsións por comarca.

Crisis económica o de valores?


Hace algunos años se decía “mientras España va bien, los españoles que se jodan”. La reactivación de la economía parecía dar sus frutos y todo ello gracias a las medidas que adoptaba el Gobierno (por cierto del PP, los mismos que ahora apuestan por limitar el gasto público) entre las cuales se encontraba el abaratamiento de los préstamos como la fórmula que generaría mayor capacidad de gasto en las familias. El fácil acceso a los préstamos bancarios llevó a la sociedad española a las cotas más altas de endeudamiento de Europa. Mientras los españoles se endeudaban más allá de lo recomendable (30% de los ingresos brutos) y el tejido empresarial y productivo adquiría cierto dinamismo, las entidades financieras publicaban sus balances económicos trimestrales con ganancias escandalosamente altas en la situación económica internacional. Mientras los españoles pedían créditos para adquirir una vivienda, irse de vacaciones o cambiar de coche, las entidades financieras invertían sus ganancias en sectores estratégicos como la promoción inmobiliaria, la compra de suelo o la energía. La recesión económica internacional, acusada en nuestro país por el elevado nivel de endeudamiento, sitúa a las familias españolas en una muy dificil situación de hacer frente a sus obligaciones económicas con las entidades financieras, los créditos hay que pagarlos, y la capacidad de gasto corriente de las familias cae. Esta situación arrastra a un gran número de empresas del sector servicios y de los escalones básicos de producción de los elementos consumibles a una situación de CRISIS. Las familias en crisis, las empresas de producción en crisis, el sector de la distribución y venta en crisis y las entidades financieras que se enfrentan a unos índices de morosidad importantes en crisis (según parece) y por la que demandan una intervención del estado que básicamente significa poner dinero público sobre la mesa para sanear sus cuentas.
En esta situación de máxima cautela económica, de CRISIS, y en la que todos estamos haciendo un esfuerzo por apretarnos el cinturón, las máximas entidades prestamistas gallegas, Caixanova y Caixagalicia se presentan y acaban de ganar el concurso eólico más grande de España, 2.325 megavatios, que, según cálculos del sector, generarán un negocio anual de unos 270 millones de euros.
En resumen, las nóminas de todos los trabajadores pasan por las cajas, las mismas cajas que nos prestan el dinero de los trabajadores y por el que nos cobran unos intereses, dinero que empleamos en comprar viviendas que las propias cajas construyen, y cuando vayamos a pagar la luz estaremos también comprando un producto de las cajas, toda esta fórmula matemática da como resultado que la CRISIS es un negocio.
Todo ello a pesar de que en la página web de Caixanova pueda leerse: “…como caja de ahorros, desarrolla una importante obra social…para Caixanova, apoyar a la empresa es apoyar a las familias…”

Só un 10% de rebaixa na peaxe??? e querrán que lles demos as gracias



Gráfica da evolución anual do IPC nos últimos meses.


O 24 de decembro de 2009 A Consellería de Medio ambiente, Territorio e Infraestructuras da Xunta de Galicia agasallábanos cunha boa nova: “La Xunta congelará los peajes de la AG-55 y de la AG-57 el próximo año”

É máis, na súa visita a Baiona, o conselleiro Agustín Hernández anunciou unha rebaixa dun 10% no tramo de Vigo a Nigrán. "En menos de un año, el Gobierno gallego cumplirá su compromiso de aplicar descuentos importantes a los usuarios", celebrou Hernández.

A xulgar polas informacións da a sensación de que tivo que chegar o PP para asistir á primeira rebaixa das peaxes, pois ben…..

O Real Decreto 210/1990, de 16 de febreiro, modifica a cláusula de procedemento de revisión de tarifas e peaxes do prego de cláusulas xerais para a construcción, conservación e explotación de autoestardas en réxime de concesión. Según este Real Decreto, as revisións das tarifas realizaranse tendo como fundamento exclusivo a modificación dos precios que produza variación do IPC para o conxunto nacional, según a seguinte expresión:
Kt = Kt-1 • C
Este coeficiente Kt aplicarase ás tarifas base da concesión (T0), obténdose así as tarifas revisadas para un determinado momento t (Tt):

Tt = Kt •T0
Polo tanto o coeficiente Kt que se aplica este ano ven sendo o do ano pasado Kt-1 por un factor C que se calcula do seguinte xeito: C = 1+0,95•IPC.
IPC respecto do ano anterior.

O Decreto 100/2008, de 17 e abril, aproba o convenio entre a COTOP e Autoestradas de Galicia para a execución de ramais de enlace na autoestrada do Val Miñor (AG-57), a súa integración na concesión administrativa e a súa modificación. Este convenio elaborado polo goberno do PSdeG-PSOE non só libraba ós concellos de cofinanciar as obras de conexión senon que tamén estableceu na súa quinta cláusula sobre o procedemento de revisión anual das tarifas da peaxe que, o índice oficial do IPC empregado sería o oficial do período anual anterior ó 31 de outubro.

Consultando datos oficiais do INE sobre a evolución do IPC no ano 2009 atópanse os seguintes datos.

Como se pode observar o IPC mantívose en valores negativos durante o ano 2009 agás novembro. A 31 de outubro o IPC anual foi de -0,7.

Levando este valor ás fórmulas anteriores obtense que:

C = 1+0,95•IPC



Kt = Kt-1 • C, o coeficiente deste ano tan só é o 33,5% do do ano pasado o que significa un significativo descenso na revisión de precios que supera o 10% de desconto que aplican no tramo Vigo-Nigrán. É máis ainda queda marxe para as anunciadas bonificacións. Tampouco se nos debe escapar que a conxelación das peaxes tan só é para este ano, porque lóxicamente se o IPC volve a valores positivos non lles quedará máis remedio que subilas peaxes. Non hai milagre ningún nin tampouco ningún favor.

CONCLUSIÓN: o descenso do precio da concesión é unha simple consecuencia da aplicación da fórmula e ainda podería ser maior que o 10% aplicado.

viernes, 4 de diciembre de 2009

Xa está ben, porque o que cala otorga

En relación coa nota de prensa feita pública polo concelleiro de UCN en Nigrán Antonio Fernández Comesaña, na que se verten graves acusacións contra min de aproveitarme do cargo público para defender intereses particulares, quero precisar o siguiente:
O delirio político de Antonio Fernández chega a tal punto de pensar que todos somos iguais. En modo algún se están cometendo delitos de prevaricación empregando o cargo público para defender intereses persoais.
Se ten sospeitas de que esto é así debe acudir á xusticia, do mesmo xeito que o fixen eu porque non somos todos iguais, non son eu quen ten que explicar recentes incrementos de patrimonio presuntamente inxustificados.
Eu non teño varios pisos, varias prazas de garaxe, ningún baixo comercial alugado a unha empresa encargada dunha concesión municipal, nin firmei nin autoricei pagos por valor de 53.000 € por obras non realizadas. O Ministerio Fiscal non me interpuxo unha denuncia por presuntos delitos de tráfico de información privilexiada e presuntamente empregar un PXOM para beneficiar a certos grupos inversores e particulares.
Renunciei ó meu soldo como concelleiro e volvín ó meu traballo, non podo permanecer sen traballo coñecido vivindo de rentas. A miña declaración de patrimonio e actividades é pública na web municipal, todos deberían actuar, al menos, coa mesma trasparencia, honradez e dignidade senon política polo menos persoal.

miércoles, 2 de diciembre de 2009

A mentira, a hipocresía e a manipulación son un desprecio ós cidadáns. O tempo axustará contas

O 22 de novembro Alberto Valverde, portavoz do PP, emitía unha nota de prensa na que afirmaba o seguinte: “desde el PPNigrán se considera lamentable que Juanes aluda a la liberalización del peaje cuando sabe que la Xunta del bipartito “blindo” de forma especial la concesión y los precios del peaje”. O PPNigrán xa nos tiña acostumbrados a bacilar nos seus argumentos sobre todo dende que goberna a Xunta o PP e agora teñen que tragarse moitas cousas que dixeron. Ó final un é presa das súas afirmacións e as hemerotecas e documentos non minten, o PPNigrán e Alberto Valverde si.

Vexamos:

Na Resolución do 7 de outubro de 1994 (DOG nº 203 de 20 de outubro de 1994) modifícanse varios puntos da convocatoria do concurso para a adxudicación da concesión administrativa de construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor, resolución asinada por José Antonio Fernández Vázquez (secretario Xearl da COTOP) e agora nomeado por Alberto Núñez Feijóo como secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, sumándose ó equipo de Agustín Hernández.

Nos pregos de cláusulas administrativas do concurso xa se establecían as tarifas mínimas por kilómetro:

11 pts para vehículos de categoría I
16 pts para vehículos de categoría II
22 pts para vehículos de categoría III

No título IX dos pregos de prescripcións administrativas sobre a duración, cesión, extinción e suspensión da concesión establécese que a duración da concesión non poderá ser superior a 50 anos (o máximo permitido pola lei).

No Decreto 23/1995, do 20 de xaneiro (DOG nº 22 de 1 de febreiro de 1995) resólvese o concurso para a concesión administrativa da construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor, decreto que asina o Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, José Cuíña Crespo e o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, á Empresa Nacional de Autopistas, Sociedad Anónima (Enausa) na proposición denominada Enausa-2, POR 35 ANOS.

En 2002 o goberno de España de José Mª Aznar impulsa a través da SEPI a privatización de ENAUSA (que inclúe AUDASA e outras) estando a Xunta de Galicia gobernada polo PP e sendo conselleiro da COTOP Alberto Núñez Feijóo durante o proceso de privatización e Agustín Hernández Director Xeral de Obras Públicas. Estes dous políticos de elebada responsabilidade entón e hoxe no goberno da Xunta foron os que xestionaron o proceso de privatización de ENAUSA e AUDASA en Galicia. Según SEPI, as ofertas de adquisición das sociedades públicas debían presentarse por un importe non menor a 1.100 millóns de euros. Entón, en 2003, a Xunta tivo a oportunidade de negociar as concesións das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor así como a supresión da peaxe de Rande. Finalmente SEPI adxudica ENAUSA e AUDASA ó Grupo SACYR (50%), Santander Central Hispano (20%), Caixanova (10%), Corporación Caixa Galicia (10%), Torreal (5%) e Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Huelva y Sevilla (5%) por 1.586,3 millóns de euros (un 44% máis do precio mínimo) sen renegociación das concesións das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor nin a peaxe de Rande e ampliándose a duración da concesión ata o 2048, cando inialmente establecíase o fin da concesión no 2023, incrementándose así en 25 anos máis a concesión da explotación das autoestradas. No caso da autoestrada Puxeiros –Val Miñor o prazo de reversión da concesión establécese no 2029.
A idea de SACYR era integrar ENAUSA en ITÍNERE, o seu grupo filial de infraestructuras e explotación de autoestradas polo que en novembro de 2004 SACYR cambia ás caixas galegas as accións de ENAUSA por ITÍNERE.

En 2008 SACYR vende ITÍNERE ó xigante bancario CITYGROUP e pouco despois, en 2009 ás caixas galegas Caixanova e Caixa Galicia fanse co 22,8% de ITÍNERE nunha operación apoiada polo goberno da Xunta de Galicia de Emilio Pérez Touriño.

No DOG nº 94 de 16 de maio de 2008, publícase o convenio para a execución dos ramais de mellora dos enlaces da AG-57 que permitirá a interconexión dos concellos do Val Miñor. O convenio asinado non implica a aportación económica de fondos públicos de ningún dos concellos afectados. O orzamento destas actuacións ascende a 24 millóns de euros e ainda que xa están en fase avanzada de execución a nova xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo non dubidou en incluir esta partida orzamentaria no recentemente publicado Plan MOVE.

Conclusión,

• O PP é o responsable da privatización e ampliación da concesión da explotación das autoestrada do Val Miñor. Os responsables políticos desta modificación son os mesmos que agora gobernan a Xunta de Galicia: Alberto Núñez Feijóo e Agustín Hernández.

• O PSdG-PSOE é o responsable da eliminación da peaxe de Rande para o Morrazo e a execución da mellora dos enlaces da AG-57.

• Alberto Valverde e o PPNigrán minten ou ignoran a realidade, en calquera caso ambas actitudes non os fan merecedores da confianza dos cidadáns de Nigrán.

• Con estes feitos non é de extrañar que o PPNigrán levase no seu programa electoral “Crear un carril bici entre Ramallosa y Panxón y dotar de aceras las zonas que lo necesitan” agora a Xunta de Galicia retira o carril bici entre Panxón e Ramallosa e o PPNigrán obedece ós seus superiores e cala ainda que sexa con propostas en contra dos intereses do Concello de Nigrán.

¿Qué credibilidade nos da este PP cando dí que o vial Balsa-Saiáns-Porto do Molle vai ser modificado aminorando os seus perxuicios e cun trazado menos lesivo para o municipio?
¿Cómo é posible que se esté falando dun Plan MOVE con importantes actuacións de infraestructuras no concello de Nigrán e non se presenten públicamente estas actuacións?

O goberno da Xunta de Galicia non ofrece confianza, o PPNigrán actúa sen criterio nin rigor e ós cidadáns de Nigrán non se lles faclita información nin sequera a través do seu goberno municipal.

Debemos exixir a presentación pública das actuacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras no municipio de Nigrán.

lunes, 26 de octubre de 2009

A implicación do PP nos problemas importantes dos cidadáns de Nigrán

A comprometida herdanza do Partido Popular no concello de Nigrán non deixa que os novos representantes deste partido na corporación executen o que eles mesmos definen como renovación e ruptura cos anteriores dirixentes do partido, encabezado por Alfredo Rodríguez Millares.
Como todos e todas sabemos o Partido Popular perdeu o goberno de Nigrán en 2007,básicamente pola nefasta xestión que fixeron na elaboración do PXOM. Non só por despreciar a opinión e o interés xeral senon tamén por toda unha serie de presuntas irregularidades durante a súa elaboración. Presuntos feitos de tráfico de información privilexiada, prevaricación e demáis asuntos que valeron a presentación dunha denuncia por parte do Ministerio Fiscal contra 5 membros do anterior goberno: Alfredo Rodríguez, Avelino Fernández, Antonio Comesaña (hoxe concelleiro de UCN, Carlos Quintas e José Comesaña.

Despois de todo este escándalo que saíu á luz en 2006 e dos presuntos intereses urbanísticos que algúns grupos depositaron en Nigrán da man de Alfredo Rodriguez fíxose necesaria a renovación de caras á fronte do PP. Un cambio de imaxe que en absoluto implica a desaparición dos presuntos escuros intereses.

Neste contexto aterrou á fronte do PP en Nigrán Alberto Valverde que inequívocamente hereda a xestión e compromisos dos seus predecesores. Isto non o digo como mera retórica, hai dous feitos que demostran esta afirmación.

En primeiro lugar, ós actos de presentación da nova cúpula do PP en Nigrán asistiron aqueles que presuntamente comprometeron certos intereses, Alfredo Rodríguez, Chema Figueroa, Corina Porro e Rafael Louzán.

En segundo lugar e máis importante se cabe que o primeiro, é a actitude do PP respecto do Consello Sectorial do PXOM. Vexamos.

Tan pronto como o novo goberno tomou posesión puxo en marcha a elaboración do Consello Sectorial (CS), ferramenta legal de participación cidadá. Tratábase de cumprir dous obxetivos, por un lado facer posible a participación activa dos cidadáns nas propostas do documento e, por outro poder informar convintemente dos progresos do equipo redactor na elaboración do documento. Quizás porque era o que todos os cidadáns esperaban, o regulamento do CS aprobouse por unanimidade do pleno. Ninguén comprendería que algún grupo político se quedase fora deste asunto. É máis todos os grupos políticos da corporación forman parte da Asamblea do CS. Sen embargo, e aqui ven o importante, o bipartito da oposición PP-UCN non están a partcipar nas mesas de traballo que elaboran as proposta básicas para o documento do PXOM.

Esta actitude é icomprensible por dous aspectos fundamentais. O PP levou mocións ó pleno municipal para solicitar un porto deportivo en Panxón ou Prado, desenvolver infraestructuras deportivas de gran envergadura; e o PP dí defender os intereses dos cidadáns.
As grandes infraestructuras son cuestións a contemplar no novo PXOM, polo que é no seo do CS onde deberán ser discutidas estas propostas e ademáis que mellor contexto para defender os intereses dos cidadáns que os traballos do CS.

¿Qué explicación pode haber para este desprecio polo CS?

A resposta parece clara, sinxelamente o PP non quere comprometerse cos veciños nas súas propostas porque se cadra poderían ser contrarias a aqueles presuntos intereses presuntamente comprometidos polo grupo de Alfredo Rodríguez. O PP quedaría así libre de poder desfacer todo aquilo que o CS elabore posto que eles non participaron nestes traballos e non teñen compromiso algún con niguén. Mentres tanto son eles quenes difaman e minten acusando de que alí alguén (eu) defende os seus intereses particulares.

Isto débeno saber os veciños, deben saber que ó PP non lles importan as súas preocupacións polo novo PXOM.

Declaración de bens e patrimonio

O concelleiro de Medio Ambiente exixe aos concelleiros da actual e de anteriores corporacións municipais, a que fagan públicas as súas declaracións de patrimonio e actividades empresariais,en cumplimento da lexislación vixente que os obriga.
A reunión de portavoces descartou levar ao seguinte pleno a moción presentada por Juan Hermida para consensuar o xeito no que se habían de facer públicas estas declaracións.

Hermida manifesta que acudirá ante fiscalía e a axencia tributaria para solicitar que se cumpra a lei e se cotexen os datos aportados nas declaracións ás que non lle deixan ter acceso, e que por lei teñen que ser públicas.


O concelleiro de Medio Ambiente retou ao bipartito da oposición, PP-UCN a que cumplan a lei e publiquen as súas declaracións de bens á vista de todos os cidadáns, e se deixen de escudar nas ambigüedades e nos insultos que non fan máis que acrecentar a sospeita de que verdadeiramente teñen algo que ocultar.

O concelleiro de Medio Ambiente fixo público o pasado 22 de setembro na web do concello, a súa declaración de bens e actividades defendéndose así das acusación por parte do bipartito da oposición, que o acusaban e acusan de chegar ao concello "só para defender intereses persoais". O concelleiro de Medio Ambiente, en cumprimento da lexislación vixente que exixe facer públicas as declaracións de bens e actividades aos cargos públicos, requeriu por escrito aos concelleiros da actual corporación e daquelas anteriores das que formaron parte, a que fagan públicas as súas respectivas declaracións.

"O 28 de setembro de 2009 solicitei por rexistro de entrada copia das declaracións de bens e actividades dos membros da corporación ó amparo da ley 8/2007 sen que polo momento teña resposta a dita solicitude. A transparencia dos cargos públicos electos require necesariamente a demostración da non utilización do cargo público como un medio para levar a cabo incrementos de patrimonio inxustificados. Da a sensación de que á actual oposición (PP e UCN), isto de cumprir a lei non lle gusta e incluso lles irrita ata o punto de caer no insulto fortuíto e de balde que non fai máis que demostrar, por un lado, que xa non teñen máis argumentos, e por outro que certamente agochan algo que non queren que os veciños saiban.

Recentemente o Alcalde realizou unha reunión de portavoces para consensuar o xeito no que habían de facerse públicas estas declaracións coa finalidade de elaborar unha moción conxunta para o Pleno deste mes, sen que se chegase a ningún acordo e manifestando expresamente unha escasa intención política de cumprir coa lei neste sentido.
Ata o día de hoxe só a miña declaración de bens a actividades é pública na páxina web do concello; polo que ante a campaña de difamación e falsas acusacións por parte do bipartito da oposición, PP-UCN, véxome na obriga de reclamar ante a xusticia e a axencia tributaria a comprobación destas declaracións de patrimonio e actividades para que sexan cotexadas coa realidade, a fin de comprobar e denunciar, se fose o caso, os sospeitosos incrementos de patrimonio inxustificados e os contínuos incumprimentos da Lei de contratos do sector público.
É intolerable que o bipartito da oposición insulte a un membro da corporación por cumprir coa lei e demostrar a trasparencia do seu cargo público. Esta actitude só indica un desprecio polas institucións públicas e os cidadáns deste concello, e deixa de manifesto a clara intención de esconder sospeitosos intereses económicos aos que xa nos veñen acostumbrando o PP e UCN nos últimos anos en Nigrán, estando iactualmente imputados e denunciados respectivamente por presuntos delitos de prevaricación pola fiscalía anticorrupción."