lunes, 10 de mayo de 2010

Cambio Climático, unha oportunidade para Galicia

Que o cambio climático é un feito debido á queima masiva de combustibles fósiles, como así o puxo de manifesto o Panel Intergubernamental de Expertos para o Cambio Climático (IPCC, 2007), é un feito incontestable. Sen embargo existen severas dificultades de percepción desta realidade por parte da poboación, circunstancia que algún político de primeira fila aproveitou para falar do escepticismo do seu primo. Esta cuestión crucial de cómo difundir e percibir o cambio climático é motivo de discusión entre quenes se adican a divulgar os problemas que azotan o medio ambiente.

Durante os pasados 7 e 8 de abril asistín ó I Congreso de CLIMANTICA de respostas educativas ó cambio climático (http://congreso.climantica.org/tematica). A primeira das ideas que se plantexaron foi, ó abeiro do slogan “Pensa globalmente, actúa localmente”, que debería abordarse a problemática do cambio climático global dende unha perspectiva local. Os docentes debemos explicar o cambio climático botando man de experiencias locais. Esta primeira idea desencadenoume unha reflexión que me gustaria expoñer ás vosas consideracións.

Cando caeu nas miñas mans o libro evidencias e impactos do cambio climático en Galicia, publicado pola Consellería de Medio ambiente da Xunta de Galicia, apresureime a repasar e tomar boa nota do que suporía no noso ámbito máis próximo as desastrosas consecuencias do cambio climático. O resultado non puido ser máis frustrante respecto do que esperaba encontrarme: non é para tanto.

No I congreso de CLIMANTICA, as primeiras ponencias foron precisamente acerca das consecuencias do cambio climático en Galicia. Francisco Díaz Fierros, Catedrático de Edafoloxía da USC, falounos dos “Impactos e riscos do cambio climático nos ecosistemas terrestres” e, Xosé Antón Álvarez Salgado, investigador no Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC de Vigo falounos dos “Impactos e riscos do cambio climático nos ecosistemas mariños”

Moi resumidamente, nos ecosistemas terrestres e analizando o comportamento de tres parámetros que inflúen en grande maneira na productividade vexetal, factores térmicos, hídricos e radiativos a predicción para os próximos 60 anos indica que:
- a radiación solar non variará (obviamente pola latitude constante),
- os períodos de secas reduciranse e cando se produzan serán en primavera, momento no que a súa incidencia na fisioloxía das plantas será pequena,
- a temperatura incrementarase levemente chegando a 5 ºC nas zonas máis ó sur de Galicia, desparecendo as xeadas.

Como consecuencia destes cambios, modificarase a distribución dos seres vivos, non só en superficie senon tamén en altitude. Ademáis as novas carcacterísticas climáticas favorecerán cultivos como a vide, de gran interés estratéxico para a economía de Galicia.

Nos ecosistemas mariños, as prediccións para os próximos 60 anos indican que:
- o nivel do mar incrementará en 50 cm en 2.100. Nos últimos 60 anos o nivel medio do oceáno Atlántico incrementou en 16 cm.
- Os afloramentos responsables da elevada productividade da plataforma continental galega dimunuirán como consecuencia dunha menor predominancia dos ventos de compoñente norte. Nos últimos 60 anos a intensidade dos ventos de compoñente norte teñen diminuido un 45%.
- O tempo de permanencia da auga dentro das rías aumentará como así sucedeu nos últimos 60 anos que pasou de ser de 7 días a 14. Este fenómeno incrementará os episodios de mareas tóxicas (mareas vermellas) como consecuencia da acumulación de nutrintes no interior das rías.
- A temperatura superficial da auga oceánica incrementarase levemente. Aparecerán especies exóticas que xa se están a explotar de xeito comercial.

Á vista destes resultados a cousa como dixen antes non parece tan dramática. Os resultados derivados das prediccións climáticas establécense para finais do século XXI e os cambios que se esperan son irrelevantes tendo en conta que a maior afección sobre os areais o producen as accións urbanizadoras do litoral, como así puidemos demostrar en Panxón e Praia América onde a recuperación duns escasos 20.000 m2 de cordón dunar permitiron recuperar gran parte dos bancos de area dos areais en tan só 7 anos, polo que un escaso ascenso do nivel do mar terá unha menor repercusión en comparación co antedito. Por outra banda o intenso esforzo pesqueiro sobre os recursos mariños parece indicar que en 2048 podemos atoparnos ante un colapso dos stocks (http://endoftheline.com/), polo tanto que descenda a productividade levemente hacia finais do século XXI é irrelevante. Que o tempo de permanencia maior das augas dentro das rías repercuta nunha maior incidencia dos episodios de mareas tóxicas hacia finais de século é irrelevante comparado co ritmo de contaminación fecal que sufre o litoral en toda a súa extensión e que non ten perspectivas de mellorar e que xa na actualidade é a causa do peche de moitos polígonos marisqueiros por ser declarados como zona C, algúns en espacios de Rede Natura 2000 tal e como lle sucede ó esteiro de A Ramallosa. Finalmente, as condicións climáticas terrestres terminarán con eventos meteorolóxicos de negativas consecuencias para a agricultura (secas e xeadas).

De todo esto pódense tirar dúas interesantes conclusións:

1.- Empregar como exemplo os efectos locais en Galicia do cambio climático non axudará a comprender a verdadeira dimensión do problema global ó que nos enfrontamos.

2.- Os problemas medioambientais máis grabes ós que nos enfrontamos a nivel local pouco teñen que ver co cambio climático e sí con outras causas coma o uso do territorio, a xestión dos residuos e depuración de augas ou o intenso esforzo pesqueiro realizado sobre os stoks que acarrearán severas consecuencias moito antes que os periodos de tempo empregados nas simulacións climáticas.

Destas observacións extráese unha clara estratexia que nada ten que ver co slogan de partida “pensa globalmente, actúa localmente”. ¿Poden os cidadáns resolver o problema do cambio climático ou contribuir á súa solución mediante as súas contribucións individuais? A resposta é claramente non, en tanto as administracións públicas non poñan a disposición dos cidadáns as condicións indispensables para desenvolver un xeito de vida máis sostible. Estou a falar de transporte público (inexistente ou ineficaz), xestión de residuos (ineficaz), usos sostible dos recursos acuíferos (o 30% da auga potable pérdese pola deficiencia das redes de distribución), consumo enerxético, uso de transporte non motorizado… Este xa foi mitivo dunha intervención miña na FEGAMP (O concello de Nigrán presenta unha ponencia no curso da FEGAMP sobre Axendas 21 Locais, http://www.nigran.org/, concellería de Medioambiente, novas xerais. Tedes a presentación ppt e o texto da presentación). Por outra banda, os xestores públicos deben establecer de xeito adecuado a prioridade dos problemas mediambientais a resolver e o cambio climático a nivel local non parece ser unha prioridade.

Para rematar a xustificación do título “cambio climático, unha oportunidade para Galicia” pasa por admitir que en definitiva as consecuencias do cambio climático van supor baixo as perspectivas do modelo económico actual, unha oportunidade baseada nunha serie de pequenas adaptacións ás novas condicións orixinadas que permitirán o desenvolemento dunha nova estratexia baseada nas novas oportunidades agropecuarias e turísticas. De ahí que se fale xa de estratexias de mitigación e adaptación ó cambio climático.

domingo, 3 de enero de 2010

Gratuidade dos libros de texto

Unha das primeiras medidas que o goberno da Xunta de Nuñez Feijóo puxo en marcha foi o que denominaron modelo de "gratuidade solidaria" polo que suprimian a universalidade da gratuidades dos libros de texto no ensino obrigatorio posta en marcha polo goberno do PSdeG-BNG.
No concello de Nigrán o 29 de xullo de 2009 aprobouse cos votos do PSdeG-PSOE e BNG unha moción pola que se "instaba á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anteior goberno, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuito para todos e todas". Naquel pleno o portavoz do PPNigrán tachou a moción de alarmista e afirmou que as axudas chegarían ó 70% da poboación educativa, ainda que finalmente admitía que aproximadamente o 40% da poboación beneficiaríase do novo sistema.

Agora cos datos na man, unha vez tramitadas as axudas oficiais no concello de Nigrán temos o seguinte:



Como se pode ver un 62% da poboación escolar perdeu a gratuidade dos libros de texto, e os datos para o tatal de Galicia rondan esta cifra do 60%.

Pero o peor ainda é que das axudas concedidas, estas non costean o 100% do custe dos libros de texto.

O modelo de gratuidade de libros de texto desenvolvido polo bipartito conlevaba ademáis outros valores de uso sostible dos recursos e respeto polos bens públicos. Os libros tiñan que coidarse para que puideran ser empregados por outros alumnos e a reutilización dos libros avitaba ademáis un excesivo gasto de papel.

Agora gracias ó PP os alumnos do ensino secundario obrigatorio xa poden volver a ter os seus libros en propiedade, unha idea que a bo seguro lle gustará ás editoriais, total para facer como moitos de nós que no mellor dos casos, só pon unha cuestión nostálxica temos os libros de textos en caixas, cheos de pó e servindo de abrigo ós ratos.