miércoles, 2 de diciembre de 2009

A mentira, a hipocresía e a manipulación son un desprecio ós cidadáns. O tempo axustará contas

O 22 de novembro Alberto Valverde, portavoz do PP, emitía unha nota de prensa na que afirmaba o seguinte: “desde el PPNigrán se considera lamentable que Juanes aluda a la liberalización del peaje cuando sabe que la Xunta del bipartito “blindo” de forma especial la concesión y los precios del peaje”. O PPNigrán xa nos tiña acostumbrados a bacilar nos seus argumentos sobre todo dende que goberna a Xunta o PP e agora teñen que tragarse moitas cousas que dixeron. Ó final un é presa das súas afirmacións e as hemerotecas e documentos non minten, o PPNigrán e Alberto Valverde si.

Vexamos:

Na Resolución do 7 de outubro de 1994 (DOG nº 203 de 20 de outubro de 1994) modifícanse varios puntos da convocatoria do concurso para a adxudicación da concesión administrativa de construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor, resolución asinada por José Antonio Fernández Vázquez (secretario Xearl da COTOP) e agora nomeado por Alberto Núñez Feijóo como secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras, sumándose ó equipo de Agustín Hernández.

Nos pregos de cláusulas administrativas do concurso xa se establecían as tarifas mínimas por kilómetro:

11 pts para vehículos de categoría I
16 pts para vehículos de categoría II
22 pts para vehículos de categoría III

No título IX dos pregos de prescripcións administrativas sobre a duración, cesión, extinción e suspensión da concesión establécese que a duración da concesión non poderá ser superior a 50 anos (o máximo permitido pola lei).

No Decreto 23/1995, do 20 de xaneiro (DOG nº 22 de 1 de febreiro de 1995) resólvese o concurso para a concesión administrativa da construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor, decreto que asina o Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, José Cuíña Crespo e o Presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne, á Empresa Nacional de Autopistas, Sociedad Anónima (Enausa) na proposición denominada Enausa-2, POR 35 ANOS.

En 2002 o goberno de España de José Mª Aznar impulsa a través da SEPI a privatización de ENAUSA (que inclúe AUDASA e outras) estando a Xunta de Galicia gobernada polo PP e sendo conselleiro da COTOP Alberto Núñez Feijóo durante o proceso de privatización e Agustín Hernández Director Xeral de Obras Públicas. Estes dous políticos de elebada responsabilidade entón e hoxe no goberno da Xunta foron os que xestionaron o proceso de privatización de ENAUSA e AUDASA en Galicia. Según SEPI, as ofertas de adquisición das sociedades públicas debían presentarse por un importe non menor a 1.100 millóns de euros. Entón, en 2003, a Xunta tivo a oportunidade de negociar as concesións das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor así como a supresión da peaxe de Rande. Finalmente SEPI adxudica ENAUSA e AUDASA ó Grupo SACYR (50%), Santander Central Hispano (20%), Caixanova (10%), Corporación Caixa Galicia (10%), Torreal (5%) e Monte de Piedad y Caja de Ahorros de Huelva y Sevilla (5%) por 1.586,3 millóns de euros (un 44% máis do precio mínimo) sen renegociación das concesións das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor nin a peaxe de Rande e ampliándose a duración da concesión ata o 2048, cando inialmente establecíase o fin da concesión no 2023, incrementándose así en 25 anos máis a concesión da explotación das autoestradas. No caso da autoestrada Puxeiros –Val Miñor o prazo de reversión da concesión establécese no 2029.
A idea de SACYR era integrar ENAUSA en ITÍNERE, o seu grupo filial de infraestructuras e explotación de autoestradas polo que en novembro de 2004 SACYR cambia ás caixas galegas as accións de ENAUSA por ITÍNERE.

En 2008 SACYR vende ITÍNERE ó xigante bancario CITYGROUP e pouco despois, en 2009 ás caixas galegas Caixanova e Caixa Galicia fanse co 22,8% de ITÍNERE nunha operación apoiada polo goberno da Xunta de Galicia de Emilio Pérez Touriño.

No DOG nº 94 de 16 de maio de 2008, publícase o convenio para a execución dos ramais de mellora dos enlaces da AG-57 que permitirá a interconexión dos concellos do Val Miñor. O convenio asinado non implica a aportación económica de fondos públicos de ningún dos concellos afectados. O orzamento destas actuacións ascende a 24 millóns de euros e ainda que xa están en fase avanzada de execución a nova xunta de Galicia de Alberto Núñez Feijóo non dubidou en incluir esta partida orzamentaria no recentemente publicado Plan MOVE.

Conclusión,

• O PP é o responsable da privatización e ampliación da concesión da explotación das autoestrada do Val Miñor. Os responsables políticos desta modificación son os mesmos que agora gobernan a Xunta de Galicia: Alberto Núñez Feijóo e Agustín Hernández.

• O PSdG-PSOE é o responsable da eliminación da peaxe de Rande para o Morrazo e a execución da mellora dos enlaces da AG-57.

• Alberto Valverde e o PPNigrán minten ou ignoran a realidade, en calquera caso ambas actitudes non os fan merecedores da confianza dos cidadáns de Nigrán.

• Con estes feitos non é de extrañar que o PPNigrán levase no seu programa electoral “Crear un carril bici entre Ramallosa y Panxón y dotar de aceras las zonas que lo necesitan” agora a Xunta de Galicia retira o carril bici entre Panxón e Ramallosa e o PPNigrán obedece ós seus superiores e cala ainda que sexa con propostas en contra dos intereses do Concello de Nigrán.

¿Qué credibilidade nos da este PP cando dí que o vial Balsa-Saiáns-Porto do Molle vai ser modificado aminorando os seus perxuicios e cun trazado menos lesivo para o municipio?
¿Cómo é posible que se esté falando dun Plan MOVE con importantes actuacións de infraestructuras no concello de Nigrán e non se presenten públicamente estas actuacións?

O goberno da Xunta de Galicia non ofrece confianza, o PPNigrán actúa sen criterio nin rigor e ós cidadáns de Nigrán non se lles faclita información nin sequera a través do seu goberno municipal.

Debemos exixir a presentación pública das actuacións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras no municipio de Nigrán.

No hay comentarios:

Publicar un comentario