O concelleiro de Medio Ambiente exixe aos concelleiros da actual e de anteriores corporacións municipais, a que fagan públicas as súas declaracións de patrimonio e actividades empresariais,en cumplimento da lexislación vixente que os obriga.
A reunión de portavoces descartou levar ao seguinte pleno a moción presentada por Juan Hermida para consensuar o xeito no que se habían de facer públicas estas declaracións.
Hermida manifesta que acudirá ante fiscalía e a axencia tributaria para solicitar que se cumpra a lei e se cotexen os datos aportados nas declaracións ás que non lle deixan ter acceso, e que por lei teñen que ser públicas.
O concelleiro de Medio Ambiente retou ao bipartito da oposición, PP-UCN a que cumplan a lei e publiquen as súas declaracións de bens á vista de todos os cidadáns, e se deixen de escudar nas ambigüedades e nos insultos que non fan máis que acrecentar a sospeita de que verdadeiramente teñen algo que ocultar.
O concelleiro de Medio Ambiente fixo público o pasado 22 de setembro na web do concello, a súa declaración de bens e actividades defendéndose así das acusación por parte do bipartito da oposición, que o acusaban e acusan de chegar ao concello "só para defender intereses persoais". O concelleiro de Medio Ambiente, en cumprimento da lexislación vixente que exixe facer públicas as declaracións de bens e actividades aos cargos públicos, requeriu por escrito aos concelleiros da actual corporación e daquelas anteriores das que formaron parte, a que fagan públicas as súas respectivas declaracións.
"O 28 de setembro de 2009 solicitei por rexistro de entrada copia das declaracións de bens e actividades dos membros da corporación ó amparo da ley 8/2007 sen que polo momento teña resposta a dita solicitude. A transparencia dos cargos públicos electos require necesariamente a demostración da non utilización do cargo público como un medio para levar a cabo incrementos de patrimonio inxustificados. Da a sensación de que á actual oposición (PP e UCN), isto de cumprir a lei non lle gusta e incluso lles irrita ata o punto de caer no insulto fortuíto e de balde que non fai máis que demostrar, por un lado, que xa non teñen máis argumentos, e por outro que certamente agochan algo que non queren que os veciños saiban.
Recentemente o Alcalde realizou unha reunión de portavoces para consensuar o xeito no que habían de facerse públicas estas declaracións coa finalidade de elaborar unha moción conxunta para o Pleno deste mes, sen que se chegase a ningún acordo e manifestando expresamente unha escasa intención política de cumprir coa lei neste sentido.
Ata o día de hoxe só a miña declaración de bens a actividades é pública na páxina web do concello; polo que ante a campaña de difamación e falsas acusacións por parte do bipartito da oposición, PP-UCN, véxome na obriga de reclamar ante a xusticia e a axencia tributaria a comprobación destas declaracións de patrimonio e actividades para que sexan cotexadas coa realidade, a fin de comprobar e denunciar, se fose o caso, os sospeitosos incrementos de patrimonio inxustificados e os contínuos incumprimentos da Lei de contratos do sector público.
É intolerable que o bipartito da oposición insulte a un membro da corporación por cumprir coa lei e demostrar a trasparencia do seu cargo público. Esta actitude só indica un desprecio polas institucións públicas e os cidadáns deste concello, e deixa de manifesto a clara intención de esconder sospeitosos intereses económicos aos que xa nos veñen acostumbrando o PP e UCN nos últimos anos en Nigrán, estando iactualmente imputados e denunciados respectivamente por presuntos delitos de prevaricación pola fiscalía anticorrupción."
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario