domingo, 3 de enero de 2010

Gratuidade dos libros de texto

Unha das primeiras medidas que o goberno da Xunta de Nuñez Feijóo puxo en marcha foi o que denominaron modelo de "gratuidade solidaria" polo que suprimian a universalidade da gratuidades dos libros de texto no ensino obrigatorio posta en marcha polo goberno do PSdeG-BNG.
No concello de Nigrán o 29 de xullo de 2009 aprobouse cos votos do PSdeG-PSOE e BNG unha moción pola que se "instaba á Xunta de Galicia a continuar co modelo de gratuidade dos libros de texto no ensino obrigatorio impulsado polo anteior goberno, na procura dun sistema educativo universal, de calidade e gratuito para todos e todas". Naquel pleno o portavoz do PPNigrán tachou a moción de alarmista e afirmou que as axudas chegarían ó 70% da poboación educativa, ainda que finalmente admitía que aproximadamente o 40% da poboación beneficiaríase do novo sistema.

Agora cos datos na man, unha vez tramitadas as axudas oficiais no concello de Nigrán temos o seguinte:



Como se pode ver un 62% da poboación escolar perdeu a gratuidade dos libros de texto, e os datos para o tatal de Galicia rondan esta cifra do 60%.

Pero o peor ainda é que das axudas concedidas, estas non costean o 100% do custe dos libros de texto.

O modelo de gratuidade de libros de texto desenvolvido polo bipartito conlevaba ademáis outros valores de uso sostible dos recursos e respeto polos bens públicos. Os libros tiñan que coidarse para que puideran ser empregados por outros alumnos e a reutilización dos libros avitaba ademáis un excesivo gasto de papel.

Agora gracias ó PP os alumnos do ensino secundario obrigatorio xa poden volver a ter os seus libros en propiedade, unha idea que a bo seguro lle gustará ás editoriais, total para facer como moitos de nós que no mellor dos casos, só pon unha cuestión nostálxica temos os libros de textos en caixas, cheos de pó e servindo de abrigo ós ratos.