A comprometida herdanza do Partido Popular no concello de Nigrán non deixa que os novos representantes deste partido na corporación executen o que eles mesmos definen como renovación e ruptura cos anteriores dirixentes do partido, encabezado por Alfredo Rodríguez Millares.
Como todos e todas sabemos o Partido Popular perdeu o goberno de Nigrán en 2007,básicamente pola nefasta xestión que fixeron na elaboración do PXOM. Non só por despreciar a opinión e o interés xeral senon tamén por toda unha serie de presuntas irregularidades durante a súa elaboración. Presuntos feitos de tráfico de información privilexiada, prevaricación e demáis asuntos que valeron a presentación dunha denuncia por parte do Ministerio Fiscal contra 5 membros do anterior goberno: Alfredo Rodríguez, Avelino Fernández, Antonio Comesaña (hoxe concelleiro de UCN, Carlos Quintas e José Comesaña.
Despois de todo este escándalo que saíu á luz en 2006 e dos presuntos intereses urbanísticos que algúns grupos depositaron en Nigrán da man de Alfredo Rodriguez fíxose necesaria a renovación de caras á fronte do PP. Un cambio de imaxe que en absoluto implica a desaparición dos presuntos escuros intereses.
Neste contexto aterrou á fronte do PP en Nigrán Alberto Valverde que inequívocamente hereda a xestión e compromisos dos seus predecesores. Isto non o digo como mera retórica, hai dous feitos que demostran esta afirmación.
En primeiro lugar, ós actos de presentación da nova cúpula do PP en Nigrán asistiron aqueles que presuntamente comprometeron certos intereses, Alfredo Rodríguez, Chema Figueroa, Corina Porro e Rafael Louzán.
En segundo lugar e máis importante se cabe que o primeiro, é a actitude do PP respecto do Consello Sectorial do PXOM. Vexamos.
Tan pronto como o novo goberno tomou posesión puxo en marcha a elaboración do Consello Sectorial (CS), ferramenta legal de participación cidadá. Tratábase de cumprir dous obxetivos, por un lado facer posible a participación activa dos cidadáns nas propostas do documento e, por outro poder informar convintemente dos progresos do equipo redactor na elaboración do documento. Quizás porque era o que todos os cidadáns esperaban, o regulamento do CS aprobouse por unanimidade do pleno. Ninguén comprendería que algún grupo político se quedase fora deste asunto. É máis todos os grupos políticos da corporación forman parte da Asamblea do CS. Sen embargo, e aqui ven o importante, o bipartito da oposición PP-UCN non están a partcipar nas mesas de traballo que elaboran as proposta básicas para o documento do PXOM.
Esta actitude é icomprensible por dous aspectos fundamentais. O PP levou mocións ó pleno municipal para solicitar un porto deportivo en Panxón ou Prado, desenvolver infraestructuras deportivas de gran envergadura; e o PP dí defender os intereses dos cidadáns.
As grandes infraestructuras son cuestións a contemplar no novo PXOM, polo que é no seo do CS onde deberán ser discutidas estas propostas e ademáis que mellor contexto para defender os intereses dos cidadáns que os traballos do CS.
¿Qué explicación pode haber para este desprecio polo CS?
A resposta parece clara, sinxelamente o PP non quere comprometerse cos veciños nas súas propostas porque se cadra poderían ser contrarias a aqueles presuntos intereses presuntamente comprometidos polo grupo de Alfredo Rodríguez. O PP quedaría así libre de poder desfacer todo aquilo que o CS elabore posto que eles non participaron nestes traballos e non teñen compromiso algún con niguén. Mentres tanto son eles quenes difaman e minten acusando de que alí alguén (eu) defende os seus intereses particulares.
Isto débeno saber os veciños, deben saber que ó PP non lles importan as súas preocupacións polo novo PXOM.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

No hay comentarios:
Publicar un comentario